A aula CeMIT de Ribeira celebra dous seminarios sobre Google Drive e Write e habilita un espazo para exames universitarios

08 Xuño 2020

A formación tecnolóxica nos nosos concellos ábrese camiño malia as consecuencias da pandemia e as dificultades para volver á normalidade. Por exemplo na aula CeMIT de Ribeira, onde se van celebrar presencialmente, coas máis estritas normas de seguridade sanitaria, varias actividades de interese para a cidadanía: a habilitación dun espazo reservado para os exames da comunidade local de estudantes universitarios e a celebración de dous seminarios sobre Google Drive e Write.

Conectividade – Exame para universitari@s

Espazo reservado para os universitari@s que precisen conectarse dende á Aula CeMIT para facer os exames online.

· Número de prazas: 6

· Horario: 8.00 a 11.00 horas

· Data: do 5 de xuño ao 31 de xullo

Os universitari@s interesados deberán inscribirse cunha semana de antelación nas actividades (apartado charlas) anunciadas desde o día 5 de xuño ata o día 31 de xullo.

Seminario Editor de textos Write

· Número de prazas: 6

· Horario: 11.30 – 13.00 horas

· Data: do 15 de xuño ao 19 de xuño

Seminario Google Drive

· Número prazas: 6

· Horario: 11.30 – 13.00 horas

· Data: do 22 de xuño ao 26 de xuño

Para calquera aclaración cómpre chamar ao teléfono 981 876 043 ou mandar un correo a cemit.ribeira@xunta.es.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.