A Asociación de Empresarios de Ribeira fai unha proclama a prol da hostalería coa campaña Consume local

12 Xuño 2020

Presentación, hai unhas semanas, da campaña Compra local

A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou este xoves 11 de xuño unha importante novidade relativa á súa campaña de Compra local, a iniciativa da entidade para incentivar a fronte común arredor do comercio de proximidade, implicando ao máximo (por exemplo con sorteos e premios) a participación da cidadanía. En concreto, a asociación deu a coñecer na súa sede de Rosalía de Castro a iniciativa Consume local, que dá continuidade á primeira fase da dita campaña, adicada ó sector do comercio, na que participaron 138 establecementos comerciais, maioritariamente socios da entidade empresarial.

O sistema desta nova contribución é o mesmo que o de Compra local, pero “realizado en exclusiva para os sectores de hostalería e restauración”, informou a asociación, engadindo que a razón disto radica en que “estes servizos realizaron a súa apertura máis tarde”. A participación está aberta tanto a socios como a non socios da entidade.

A promoción realizarase entre as consumicións feitas desde o día 12 de xuño ata que os establecementos rematen as tarxetas rascas, sendo a data de finalización a do 31 de xullo de 2020. A forma de participar será consumindo nos establecementos adheridos, que achegarán aos clientes un rasca segundo o criterio do participante.

“O noso principal obxectivo con este proxecto é dinamizar a actividade da hostalería local despois do parón provocado polo coronavirus, convertendo en superheroes a hostaleiros e compradores e dotándoos de superpoderes para transformalos en activadores da hostalería local”, informou o presidente da asociación, Francisco Martínez Gude.

Respecto das bases da campaña, os rascas outorgarán de maneira directa un importe en euros que o gañador deberá trocar na sede da asociación por vales de consumicións. O premio poderá gastalo en calquera local participante, sendo esta cantidade maior (o dobre) para aqueles premios que se repartiron nos establecementos que son socios da entidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.