Rianxo aproba axudas o comercio pola Covid19

15 Maio 2020

A Xunta de Portavoces do Concello de Rianxo aprobou por unanimidade a creación dunha subvención, para a que se aprobarán unhas bases específicas a publicar implicará unha axuda de 500 euros máximo por establecemento para cubrir todo tipo de gastos realizados desde o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, de declaración do estado de alarma polo  COVID-19. 

Continuarán tamén a traballar desde a Xunta de Portavoces en medidas de emerxencia social e educativa, de apoio á veciñanza máis desfavorecida e de dinamización do comercio local que se irán dando a coñecer, xunto a acordos en materia de exención e/ou rebaixa de taxas en mercadillo e terrazas, despois de recabar os informes técnicos pertinentes que dean cobertura a estas actuacións.

OBXECTIVO

Axudar a financiar os investimentos que os pequenos negocios son obrigados a acometer para poder abrir ou reabrir con todas as medidas de seguridade e prevención sanitarias requiridas. 

MOTIVACIÓN

Outorgaranse axudas económicas para gastos derivados dos investimentos de instalación de diversos elementos e equipamento e adquisición de elementos funxibles para garantir as medidas de seguridade, prevención e contención do COVID-19, para a apertura e mantemento de comercios e establecementos (instalación de biombos, mamparas, máquinas expendedoras de líquidos desinfectantes, aparellos de desinfección, arcos de seguridade …).

O Concello de Rianxo cofinanciará até o 50% dos gastos e/ou investimentos ata un máximo de 500 euros por solicitude con carácter xeral.

PARTIDA

Asignarase a esta partida un total de 40.000 Euros que poderán ser ampliados en caso de de dispoñibilidade e de demanda.

PRESENTACIÓN DE FACTURAS

Facturas de reformas e/ou compras efectuadas despois da Declaración do Estado de Alarma.

Consistorio de Rianxo

Outros artigos

Rianxo acollerá esta “finde” unha nova edición do Rock in Rian

Rianxo acollerá os vindeiros 14 e 15 de agosto unha nova edición do Rock in Rian, un festival que converterá o Parque de Galiza nun punto de encontro para a música galega e que conta co apoio da Deputación da Coruña, a través dunha achega de 29.000 euros da liña...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.