R fornece de conectividade a medio cento de familias en risco de Ribeira

19 Maio 2020

A operadora R segue adiante co seu traballo tecnolóxico-humanitario para favorecer que as tecnoloxías cheguen á meirande cantidade de xente nestes tempos de crise sanitaria en que os recursos dixitais seguen a ser, malia a desescalada, tan necesarios. Un dos puntos concretos onde puxo o foco o labor solidario da compañía foi o concello de Ribeira, onde a empresa facilitou conectividade ás familias en risco para favorecer a súa plena integración nas ferramentas dixitais e, máis polo miúdo, na teledocencia.

No municipio ribeirense R abriu de balde a súa estensa rede sen fíos para os seus usuarios (aos que se lles achega de balde): a rede wificlientes R. En concreto abriuna a medio cento de familias vulnerábeis para que poidan retomar “telematicamente” o curso escolar.

A mais tamén lles facilitou 30 liñas de móbilR con 50 GB de datos/mes de balde até o mes de xuño a estas familias ribeirenses desfavorecidas.

Con estas medidas o operador galego tenta “responder solidariamente” ás necesidades da contorna local, unha liña de traballo que, segundo indican os responsábeis da compañía, é inherente á súa actividade máis comercial, proporcionando á xente redes de última xeración e produtos avanzados de telecomunicación.

“Somos unha empresa responsábel e comprometida coa xente galega, sobre todo cos que peor o están a pasar durante o Estado de Alarma e o período de confinamento”, indica a compañía, engadindo que unha das súas prioridades é permitir a docencia online nas familias. No caso de Ribeira, púxose o punto de mira no alumnado que durante as primeiras semanas da crise e o confinamento non puido acceder ás clases virtuais nin ao traballo en liña por carecer “da imprescindíbel conectividade”.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.