O presuposto de Ribeira alcanza os 24,3 millóns tras incrementarse un 9,15%. Será levado a pleno o xoves 28

21 Maio 2020

O alcalde ribeirense Manuel Ruiz presentou hoxe a proposta de orzamento municipal que se vai levar a pleno o vindeiro 28 nunha sesión que, de entrar a provincia na fase 2, será presencial na Casa do Concello por decisión dos grupos municipais tomando todas as medidas de distanciamento necesarias, e, de non manterse na fase 1, terá lugar telematicamente.
O rexedor municipal manifestou que os orzamentos están orientados ao gasto social e gasto covid, e que se vén complementados cun crédito extraordinario que tamén será levado ao próximo pleno do 28 de maio. Xuntos, van permitir que todos os grupos da Corporación se así o consideran poidan aprobar o Plan Marco de Reactivación Económica de Ribeira.
De feito, o orzamento vai ser un dos instrumentos dirixidos a facilitar a
implementación deste Plan, razón pola cal posúe unhas características que non tiveron os tanteiores. Neste senso, Ruiz cualificou o orzamento como “sensible no social” (porque prevé a concesión de axudas a nivel individual), “protector no económico” (tamén contén medidas encamiñadas a defender o noso tecido económico e en especial ao comercio) e “preventivo” (ao posibilitar que o Concello estea mellor preparado ante un posible rebrote).
O orzamento ascende a 24.361.172,51 euros, cunha subida do 9,15% sobre a anualidade anterior, subida que se fundamenta en dúas razóns: a próxima poxa do matadoiro cun prezo de saída de 1.058.000 euros e a incorporación da taxa de depuración.

Sen créditos bancarios

Ademais, por primeira vez en trinta anos non hai que acudir a uncrédito bancario, o que vai permitir que se siga reducindo débeda e as previsións apuntan a que a finais de ano poida estar por debaixo do 30%: unha cifra histórica. Tamén salientou que de cada 100 euros o Concello dedica só 4,5 euros a pagar a débeda e os intereses da débeda, algo sen precedentes alomenos na historia recente do municipio.
En canto aos gastos sube lixeiramente o capítulo de persoal (2,79%) e destaca sobre todo o incremento do gasto social, que supera por primeira vez os dous millóns de euros (2.052.000 €).
O capítulo 6 de investimentos rexistra un importante aumento do 36%
(1.076.000 euros), o que se motiva en dúas actuacións que están asociadas aos ingresos que proporcione o matadoiro: a nova biblioteca e novo club de deportes náuticos (remo); ademais de destacar tamén o proxecto técnico do novo polígono industrial.
Plan Reactiva
O alcalde tamén desgranou algunhas cifras do Plan Marco de Reactivación Económica de Ribeira: aumento do 197% en emerxencia social, 95.000 euros para axudas extraordinarias do covid (para parados e ERTES), 190.000 euros para gastos extraordinarios do covid, 20.000 euros do Concurso AnimArte, 15.000 euros para a actualización da hostalería, etc.
Finalmente, destacou que as grandes ratios de aforro bruto e aforro
neto e débeda seguen mellorando ano a ano.

O Alcalde de Ribeira Manuel Ruíz co documento orzamentario do concello 2020

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...