Licitada a renovación de servizos e pavimentado en Outeiro, Carreira

27 Maio 2020

O Concello de Ribeira licitou unha nova actuación de arranxo viario no lugar de Outeiro, na parroquia de Carreira, onde se procederá a renovar os servizos e ao pavimentado. Segundo informou o Concello, os servizos municipais de recollida de augas e pluviais no devandito núcleo son antigos e rexistran avarías frecuentes, mentres que o pavimento de formigón existente atópase en mal estado e dificulta o tránsito peonil e rodado.

Coa fin de emendar estas eivas, o persoal do Concello redactou un proxecto técnico dirixido á pavimentación e á renovación de servizos de pluviais e saneamento. Para isto demoleranse os pavimentos existentes na área de actuación e executaranse as seguintes accións:

• Instalacións de pluviais: disporase polo centro da rúa un colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e construiranse arquetas, sumidoiros e pozos de rexistro de formigón prefabricado, ademais de proceder á acometida de pluviais das vivendas existentes.

• Instalación de saneamento: disporase polo centro da rúa un colector de PVC liso de 315 milímetros e construiranse pozos de rexistro.

Polo que respecta á pavimentacións, vaise empregar formigón de 15 centímetros de espesor, intercalado con lastras (adoquíns) de formigón recto de dimensións de 20x15x8 centímetros.

O prezo de licitación ascende a 89.015 euros, IVE incluído.

O investimento forma parte do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019. O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.