O Concello de Ribeira informa da adxudicación con carácter provisional dunha actuación consistente na instalación dunha rede de saneamento con pozo de bombeo na rúa dos Bolos, así como na vía transversal, ambas
situadas na parroquia de Aguiño.
A zona en cuestión carece de rede de saneamento, razón pola cal elaborouse un proxecto técnico dirixido a instalar este servizo. A tal efecto instalarase en primeiro lugar dúas tubaxes tipo SN4: unha de 315 milímetros de diámetro e 68 metros de longo e outra de 250 milímetros de diámetro e 60 metros de lonxitude.
A través destes colectores se conducirán as augas residuais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo con dúas bombas mergulladas fixas de caudal unitario 3,50 m3/h. Dende aquí as augas se impulsarán por medio dunha tubaxe de polietileno de alta densidade de 125 metros de longo e 63 milímetros de diámetro ata a súa conexión coa rede xeral. Tamén se colocarán 6 pozos de rexistro separados cada 40 metros aproximadamente
A rúa dos Bolos será pavimentada con aglomerado en quente e na vía transversal se reporá a zanxa con pavimento de formigón.
A actuación recaeu na empresa Excavaciones Nima, S.L.. Comporta unha inversión de 33.880 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018. O prazo de execución son dous meses.
Adxudicadas por 2,5 M€ as obras para a humanización da travesía de Palmeira, en Ribeira
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar por 2.507.246 euros as obras para a humanización da travesía de Palmeira, no concello de Ribeira. Esta intervención, adxudicada á empresa Oresa Construcción y Servicios Globales, S.L, ten...