Eliminado un vertido de augas residuais na parroquia de Corrubedo

16 Maio 2020

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais á ría de Arousa, localizado na parroquia de Corrubedo, no concello de Ribeira.
Os traballos de inspección e os controis analíticos realizados polos técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia no municipio permitiron identificar a súa orixe nunha condución dos inmobles de rúas próximas ao areal de Ribeira do Prado, que desaugaba directamente ao mar nesta zona de baño.
A administración hidráulica da Xunta realizou no ano 2015 actuacións para dotar de saneamento esta parroquia ribeirense e recentemente o Concello executou obras de carácter municipal para a renovación das liñas de saneamento e pluviais nas rúas Prado, Rocapellón e Campo da Agra.
Nunha nova inspección á zona, os inspectores autonómicos puideron constatar mediante o control analítico neste punto, que as obras realizadas pola entidade local permitiron a emenda do vertido.
Estas actuacións do Concello serán completadas coa retirada da condución submarina na contorna da praia e a súa adecuación como punto de desaugue de augas pluviais.

O Prado Corrubedo (Foto: Turismo de Galicia)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.