Delimitados os usos do porto de Ribeira

23 Maio 2020

A Xunta aprobou a delimitación de usos portuarios de Ribeira, que quere definir as actividades previstas para cada unha das áreas e os espazos do peirao e do dique.

Portos afirma que isto permitirá unha utilización máis racional dos espazos, dado que se valoran as distintas alternativas de desenvolvemento para futuras actividades.

No texto figuran seis usos básicos: náutico-deportivo, pesqueiro, mixto, comercial, actividades complementarias e infraestruturas básicas. O documento foi sometido a información pública no 2018 e solicitáronse os informes a todos os organismos implicados, entre eles o Concello de Ribeira.

Desde o Consistoriorio queren coñecer os detalles do documento para comprobar se se axusta ás expectativas feitas e se da resposta a petición ribeirense de que a zona do Malecón pase a ser do Concello, xa que nela non hai actividade vinculada ao porto.

Outros artigos

A Xunta solta cinco píllaras na praia de Carnota

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Mª Pilar Arias, participou este mércores 17 de xuño nunha nova solta de cinco píllaras na praia de Carnota, unha actuación que nas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...