As nosas empresas e autónomos teñen á súa disposición formación en streaming da man do CDTIC

02 Maio 2020

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) prosegue durante o confinamento e o Estado de Alarma coa súa actividade de sesións formativas en streaming. E faino, esta recta inicial de maio, con catro novas xornadas. Organizadas en colaboración con diversos axentes tecnolóxicos, estas sesións en directo vía online diríxense a PEME e autónomos e, co formato #DemosXweb, teñen como obxectivo fomentar o teletraballo ao longo desta etapa de crise sanitaria provocada pola COVID-19.

A programación de maio comezará o día 5 con Inmersos no teletraballo. Estamos a facelo ben?. Seguiralle, o mércores 6, unha sesión sobre ciberseguridade, a cargo do INCIBE. A consultora tecnoloxía Unayta falará, o día 7, sobre a sinatura biométrica; e o 8 unha sesión abordará o funcionamento da plataforma viguesa de comercio en liña DBarrio.

Todas as actividades están programadas en horario de 10.00 a 10.45, son de balde e calquera persoa interesada pode inscribirse para seguilas na web do CDTIC ou a través da aplicación dispoñíbel para plataformas Android e iOS.

Igualmente, calquera provedor tecnolóxico que desexe facer unha sesión para presentar algún dos seus produtos ou servizos pode tomar a iniciativa e solicitarllo ao CDTIC.

Actividades con récord de participación

Desde a entrada en vigor do Estado de Alarma celebráronse catorce actividades que tiveron, en palabras de AMTEGA, “unha grande acollida” e “nas que se bateron récords de seguimento”, pois “duplicouse o número de asistentes respecto ás sesións presenciais feitas con anterioridade”. Así, a cifra de participantes superou os 1.800, o que supón unha media de 134 persoas por sesión.

Ademais, a axencia salienta a “elevada interacción na maioría das sesións”, coa formulación de preguntas polo chat, atendidas no momento, coma nunha sesión presencial, por parte dos relatores. Para quen non puido seguir en directo estes seminarios, na web do CDTIC están dispoñíbeis para a súa visualización.

Temáticas

As temáticas abordadas ata o momento foron variadas, sempre relacionadas con aspectos e ferramentas que poden resultar de interese para PEME e autónomos nestes momentos de crise sanitaria, nas que o confinamento incrementa o teletraballo e a actividade en liña. Así, ciberseguridade e privacidade, comercio electrónico, uso de WhatsApp na empresa, comunicación corporativa, xestión de procesos administrativos en remoto, xestión a distancia de proxectos, videoconferencias, aspectos legais do teletraballo ou mercadotecnia dixital foron algúns dos temas tratados nas sesións retransmitidas no último mes e medio.

Outros artigos

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.