Adxudicación provisional das obras de reforma da Casa da Xuventude de Ribeira

14 Maio 2020

O goberno municipal de Ribeira procedeu no día de hoxe a adxudicar provisionalmente as obras para a reforma do interior e o acondicionamento da envolvent térmica da Casa da Xuventude.
Así, entre as 19 ofertas presentadas, a que obtivo unha mellor clasificación resultou ser Marqués de Marancán, S.L.. Comporta un investimento de 251.680 euros, IVE incluído, que se suman ao 1.367.000 euros aos que se deu luz verde a pasada semana coa fin de desbloquear a obra pública no municipio a través da reactivación de 17 actuacións.
Situado no cruce entre a avenida da Constitución e a rúa do Estatuto e cunha superficie construída de 743 metros cadrados distribuídos en tres plantas, o edificio rexistraba unha serie de eivas que era preciso subsanar e con tal motivo encargouse a elaboración dun proxecto técnico.
O documento inclúe a mellora das terrazas a través unha nova solución de illamento e impermeabilización, acabada en gres; mentres que para as fachadas adoptouse un sistema tipo SATE. Ademais, todas as fiestras serán substituídas por outra de aluminio.
En canto ao interior do edificio, cambiaranse as portas de paso, afectadas pola humidade, sanearanse as caras interiores (intradós) das fachadas e efectuaranse reparacións nas instalacións de electricidade e fontanería que o precisen. O prazo de execución ascende a 8 meses.

Casa da Xuventude de Ribeira

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...