364 familias ribeirenses reciben atención social do Concello, Cáritas e Ice Renovación

08 Maio 2020

Un total de 364 familias do familias do municipio ribeirense están a recibir algún tipo de atención social a estas alturas do estado de alarma, segundo foi comunicado hoxe no transcurso da Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19. Desas 364 familias, 167 son atendidas
directamente a través do Departamento de Servizos Sociais, mentres que 115 reciben cobertura dende Cáritas Parroquial e 82 dende ICE Renovación, dúas entidades que traballan en coordinación co Concello.
Cómpre lembrar a este respecto que xa nos primeiros días de confinamento o Concello autorizou un gasto mínimo paraemerxencia social de 100.000 euros, ampliable se fose necesario, dos cales 10.000 foron destinados con carácter inmediato a produtos para os bancos de alimentos das dúas citadas organizacións benéficas: bancos que se foron engrosando con novas doazóns tanto públicas como privadas.
Por outra parte, na Comisión deixouse constancia de que, de acordo co solicitado polo Concello de Ribeira o 5 de maio, a Delegación de Goberno en Galicia vén de confirmar que en núcleos de poboación inferiores aos 5.000 habitantes non rexe a adopción de franxas horarias de saída, ó cal é aplicable a todas as parroquias do noso municipio agás a de Santa Uxía.

Cáritas Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.