O PSdG de Ribeira aclara que foi responsabilidade da agrupación a proposta de traslado do GAEM

09 Abril 2020

O PSdG de Ribeira vén de emitir unha nota aclaratoria sobre as informacións que reflicten nos medios a aprobación do traslado do GAEM no Concello de Ribeira, o grupo de emerxencias local, que, ante a constatación dos atrancos de operatividade que implica seguir tendo a sede operativa no Consistorio, en plena rúa Rosalía de Castro recentemente peonalizada, pasará a estrear novas dependencias nunha nave alugada en Frións.

A agrupación socialista local lembra que a proposta de traslado veu da súa man, concretamente de Rita Rial, previamente a ser aprobada por unanimidade na corporación municipal. Na nota, o PSdG de Ribeira aclara tamén que se ben a medida do arrendamento foi tomada pola xunta de Goberno local, “é verdade que o traslado do GAEM foi unha proposta do PSOE ao pleno municipal.

E proseguen: “Parécenos moi ben que tanto o alcalde como o concelleiro delegado sexan conscientes da necesidade do traslado, pero insistimos en que a solicitude efectiva para ela, e grazas á cal se produce este traslado, é feita pola concelleira do Grupo Municipal Socialista do PSdeG-PSOE Ribeira”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.