O Concello de Ribeira e a Asociación de Empresarios abordarán medidas para paliar os efectos económicos do estado de alarma

04 Abril 2020

O Concello e a Asociación de Empresarios de Ribeira van estudar conxuntamente medidas a implantar no ámbito municipal orientadas a paliar os efectos económicos do Estado de Alarma. Coa mesma fin, tamén realizarán xestións con outras administracións, así como con entidades
financeiras, eléctricas e de telefonía.
Así, no que se refire ao Goberno Central, se lle van solicitar diferentes propostas como a suspensión das cotas de autónomo de marzo, abril e maio a todos aqueles que non poden desempeñar a súa actividade; rebaixas ou facilidades de pago (aprazamentos e fraccionamento) para os que si poden continuar pero están a ver reducidos os seus ingresos; ou a exención do pago da cotización aos autónomos contaxiados ou en corentena obrigatoria dende o primeiro día da baixa. Do mesmo xeito, á Xunta de Galicia tamén se lle apelará para que proceda á rebaixa ou exención de determinados tributos como por exemplo o canon da auga e saneamento.
Instar a que os préstamos concedidos polas entidades financeiras sexan a custe cero ou a redución dos recibos da luz, telefonía ou internet son outros asuntos postos enriba da mesa nas conversas mantidas entre Concello e Asociación de Empresarios co obxectivo de protexer o tecido económico local afectado pola propagación da pandemia. Cómpre lembrar ao respecto que xa se levou a cabo unha primera acción de apoio ao comercio e á hostalería consistente na posta en marcha dun concurso (“AnimArte na Casa”) dotado de 20.000 euros a investir nos negocios pechados polo COVID-19.
Noutra orde de cousas, entre a tarde de onte e o día de hoxe se están a repartir máis de 500 máscaras doadas polo Grupo Frinsa: unha significativa contribución que está sendo distribuída entre colectivos e entidades que traballan na rúa ou cara o público: residencias do maior, centros de saúde, UAD, mercados municipais, lonxa, 061, Servizo de Atención Domiciliaria, Cáritas, ICE Renovación, Urbaser, fábrica de xeo, supermercados, ultramarinos, kioscos e outras pequenas e medianas empresas de todas as
parroquias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.