José Manuel Pena fai unha proclama para unha correcta xestión do lixo nas zonas portuarias

07 Abril 2020

Os problemas medioambientais da comarca seguen sen solución malia que, por mor da pandemia e a crise sanitaria derivada do COVID-19, semella que xa non existen. Ao contrario, si que existen e, precisamente polo feito de que a nosa atención e os nosos esforzos se centren (xustamente, por outra banda) en frear o avance de coronavirus, é probábel que se agraven. Así nolo lembra hoxe o activista ribeirense José Manuel Pena, voceiro de Stop Deshaucios Barbanza, que nos recorda a importancia de seguir coidando o medio no que vivimos malia a adversidade actual pola que pasamos: “Hai moita xente consciente de que é necesario protexer o planeta pero hai outra que non mira máis aló e manteñen uns malos hábitos ambientais”.

Segundo sinala, é fonte de preocupación o desleixo que unha parte da cidadanía nos nosos espazos de lecer, poñendo o foco nas zonas portuarias, onde é doado observar como “a pesar de existir diversos colectores de cor verde, azul e amarelo; os plásticos, botellas, redes e caixas son esquecidas en calquera lugar preto da beira do mar onde, inevitablemente, terminan caendo e danando o ecosistema”.

Pena fai un chamamento a toda a cidadanía, dende veciños a traballadores do mar, a “termos un comportamento máis respectuoso coa contorna para evitar a proliferación dos anacos de caixas, redes, metais, así como de plásticos que deambulan, co vento, por todas as zonas portuarias dos nosos pobos e cidades e que son moi contaminantes para o ecosistema mariño”.

Na súa opinión, “os responsábeis dos portos pesqueiros, comerciais ou deportivos, teñen moito que dicir e non escudarse en que eles cumpren con facilitar, gratuitamente, os colectores sen máis”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.