A Policía Local de Boiro renuncia á retribución económica das horas extraordinarias

04 Abril 2020

Os axentes da Policía Local comunicáron a decisión de renunciar á retribución das horas extraordinarias durante a duración do Estado de Alarma motivado pola crise sanitaria da pandemia COVID-19. O obxectivo desta medida é garantir, na medida do posible, que se cumpra o confinamento e velar pola seguridade da veciñanza.
Os axentes do Corpo da Policía van seguir realizando as horas extraordinarias que sexan necesarias para a prestación do servicio as 24 horas do día. Deste xeito pretenden paliar a carencia de axentes motivada pola falta de provisión das prazas vacantes durante os últimos 11 anos, sen recibir ningunha contraprestación económica.
O Concello de Boiro aprobou xa a Oferta de Emprego Publico 2019, na
que se inclúen catro prazas de axentes e unha máis de Oficial, persoal
necesario para poder garantir a continuidade do servizo que a Policía Local
presta no municipio de Boiro.
Nas últimas semanas incorporáronse tamén ao servizo tres auxiliares, pertencentes a lista de Auxiliares 2019, para reforzar a plantilla de axentes.
Estes axentes prestarán servizo mentres non se remate o proceso selectivo correspondente a este ano, que se tivo que suspender pola crise sanitaria
motivada do coronavirus.
Os axentes están traballando por intensificar as medidas de seguridade e información facendo controis dos desprazamentos no municipio e garantir
que se cumpran as restricións pautadas polo Estado de Alarma.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.