A aula CeMIT de Boiro móstranos como crear blogs e tendas en liña

17 Abril 2020

A aula CeMIT local do Concello de Boiro prosegue coa súa formación tecnolóxica a distancia para este tempo de confinamento, un tempo de parón social, económico e produtivo que podemos aproveitar para avanzar en coñecementos tecnolóxicos, creatividade e empregabilidade.

Se os días pasados falamos do curso de Informática Divertida para nenas e nenos e outras actividades previamente programadas que tiveron que adaptarse ao plano virtual, dende a web da aula CeMIT de Boiro infórmase de máis obradoiros con prazas libres a desenvolver a través da plataforma de teleformación EMA: un curso sobre Creación de Blogs (entre o 21 de abril e o 24) e outro sobre Creación de tendas en liña con Opencart (do 27 de abril ao 30 de abril), que se unen ao de Retoque de fotografías con GIMP e o de Trámites electrónicos para maiores que xa comezaron.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.