A aula CeMIT de Boiro achegará formación TIC á cidadanía durante o confinamento

03 Abril 2020

Co fin de seguir adiante co seu labor formativo e capacitador adaptándoo plenamente ás contornas virtuais ao mesmo tempo que ofrece alternativas de lecer e adestramento para a cidadanía nestes tempos de confinamento nos fogares, a aula CeMIT do Concello de Boiro preparou novas actividades para esta primavera. En primeiro lugar vai retomar os cursos que estaban a impartir e que tiveron que suspenderse por mor do Estado de Alarma, para “despois traballar en novas propostas de programación”.

O primeiro dos cursos que se retomou é o de Ofimática Divertida, no que participan un total de 20 nenos e nenas que esta semana retomaron xa a actividade formativa.

Segundo informou o Concello, esta semana mesma semana estanse a reactivar tamén as clases do grupo de Informática Nivel Usuario no que participan 12 persoas.

Respecto da fórmula empregada para dar continuidade á actividade formativa, o alumnado recibe as leccións a través do enderezo electrónico para que poidan seguir coa aprendizaxe durante o confinamento.

O Concello de Boiro engadiu que os vindeiros días iranse reactivando os demais cursos que se estaban a impartir, “unha oferta formativa que se combina cos cursos de teleformación que están xa en funcionamento e que engloban actividades como Administración Electrónica, trámites electrónicos en Internet, xogos de adestramento mental, comercio electrónico, mercadotecnia en redes ou vendas no muro”.

Para inscribirse nestes cursos, as persoas usuarias teñen que rexistrarse na Rede CeMIT.

Toda a oferta formativa dos cursos de teleformación pode consultarse a través da páxina web do Concello de Boiro ou directamente contactando coa Aula CeMIT.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.