4ª entrega: OS MUSEOS NON PARAN: Os oficios tradicionais

23 Abril 2020

Na sociedade tradicional galega, os oficios desempeñaron un papel destacado. Os diferentes artesáns fabricaban os útiles e os obxectos necesarios para a vida doméstica e o traballo; zoqueiros, carpinteiros, cesteiros, ferreiros, o afiador… forman parte da historia das vilas e cidades .

A exposición permanente da segunda planta do museo municipal de Ribeira acolle máis de 200 bonecas coa súa vestimenta tradicional representando diferentes escenas. Foron doadas por Magdalena Bringas que ocupou durante moito tempo a presidencia da asociación de Amas de Casa de Ribeira, e foron feitas co traballo e esforzo conxunto de moitas mulleres que formaron parte da agrupación. Estas figuras recrean o traxe tradicional galego en base á miniatura a través de diferentes escenografías tradicionais da esfera social como son os oficios (carpintería, mariñeiros), as procesións e romaxes, as festas e as escenas no eido vilego e rural. A continuación, no video, amósase unha escea mariñeira. Nos pobos e nas aldeas das rías, a praia e o peirao eran o centro da vida laboral e comunitaria. Alí se traballaba e se vivía. Os tempos viñan marcados pola presenza das diferentes especies, sendo a sardiña a máis agardada. No tempo da sacada, homes, mulleres, e nenos, traballaban arreo para gañarse o sustento.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.