Voluntarios de Protección Civil de Ribeira controlaron o acceso ao mercadiño dos sábados e repartiron material preventivo

21 Marzo 2020

Dende primeiras horas da mañá do sábado, voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira atópanse no mercadiño municipal dos sábados tanto para controlar o acceso en colaboración coa Policía Local coa fin de evitar aglomeracións de clientes, como para levar a cabo outros labores de prevención ante o Estado de Alarma.
Por exemplo, o reparto de material profiláctico (sobre todo, guantes desbotables) entre os diferentes postos: todos eles relacionados co sector da alimentación e produtos perecedoiros de acordo co disposto no Bando de Alcaldía do venres 13 de marzo e co Real Decreto 463/2020 do día seguinte.
Alertas para actuar Aínda que nestes momentos saen dos seus fogares basicamente para prestar este tipo de labores preventivos, os membros da
agrupación están alertas as 24 horas por se as autoridades requirisen maiores servizos ante un eventual empeoramento da situación. Neste senso, a entidade conta cun total de 35 voluntarios e voluntarias formados en todas as ramas de emerxencias, ademais de manter contacto con antigos membros dispostos a incorporarse de ser preciso, e de coordinar xunto a Servizos Sociais a colaboraciónnaltruísta de veciños e veciñas que se ofrecen a axudar na loita contra o coronavirus.
“Queremos que a xente saiba que estamos ao pé do cañón e que como un eslabón máis do Concello faremos todo o que estea na nosa man para colaborar coa ciudadanía de Ribeira”, explicou un dos responsables de Protección Civil.

Efectivos de Protección Civil de Ribeira reparten material profiláctico
Efectivos de Protección Civil de Ribeira

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.