Recepción no Concello de Boiro do alumnado participante no Erasmus+ procedente de Dinamarca

02 Marzo 2020

O salón de plenos do Concello de Boiro foi escenario esta mañá da recepción dos estudantes do IES Praia Barraña e do procedente de Dinamarca que participa no proxecto Erasmus+, The importance of Education and History.

Durante a súa visita ao Consistorio, e acompañados do alcalde José Ramón Romero, o alumnado e profesorado danés formularon preguntas sobre o municipio e interesáronse sobre o sistema educativo.

A súa estadía na localidade estenderase ata o 7 de marzo, aproveitando a semana para coñecer a comarca do Barbanza e a zona atlántica de Galicia. Ademais, está prevista unha festa de despedida no local multiusos do mercado municipal, entre as 19.00 e as 22.00 horas, que contará coa asistencia das familias anfitrioas e de todo o alumando que participa neste intercambio bilateral entre España e Dinamarca.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.