Neográficas axuda aos profesionais que teletraballan cun servizo de fotocopias e encadernados a domicilio

27 Marzo 2020

En tempos de pandemia e confinamento nos fogares, como facer para seguir contando con servizos de impresión e encadernado sen saír do domicilio, servizos por outra banda imprescindíbeis para a práctica obrigada do teletraballo e da teleformación das nenas e nenos que xa non poden ir ao colexio? A empresa ribeirense Neográficas (Neoprint) vén de achegar unha solución a esta resposta, trátase dun novo produto para levar as fotocopias e os encadernados que poidamos precisar ao noso domicilio, seguindo con “todos os protocolos de seguridade de manipulado e entrega segundo o Real Decreto do estado de alarma”.

A empresa anunciou que para os seus clientes locais de Ribeira non se cobrarán os gastos de envío. Os traballos pódense encargar par seren enviados a un domicilio puntual e, en palabras de Neográficas, “é un bota alternativa para achegar documentos impresos a calquera cliente, profesional ou alumno que requira proseguir cos seus estudos no seu domicilio mentres dure a crise sanitaria”.

O servizo ofrece produtos en cor ou branco e negro e en A4 ou A3. Tamén se poden elixir as cantidades desexadas, fotocopias a una cara ou a dobre cara. A continuación, o único que hai que facer é o subir ao carriño o produto elixido.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

Que está a acontecer coa falta de humanidade cara a moita xente que sae dos seus países en busca dun futuro mellor, lonxe da miseria económica e da falta de liberdade ou vivindo situacións de conflitos armados. Son persoas inocentes pero pobres, sen máis nada que o...

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.