Licitado o remate e urbanización exterior do Centro Social Multiusos de Carreira

06 Marzo 2020

Unha nova actuación no concello de Ribeira focalizarase no remate e urbanización exterior do Centro Social Multiusos de Carreira. De acordo co proxecto técnico elaborado polo estudio 2C Arquitectos, o que se pretende con esta obra é proceder ao remate das instalacións, revestimentos interiores e exteriores e carpintería interior, así como a urbanización do entorno mediante a demolición de parte dos muros e escaleira existentes para a construción dunha nova escaleira que comunicará os dous niveis do espazo público.

Neste senso, a infraestrutura, de 268 metros cadrados útiles de superficie, estará formada por dous volumes unidos, un dos cales consistirá nun local diáfano capaz de aloxar diferentes actividades da comunidade e o outro dará cabida a unha cafetería e aos servizos comúns.

O importe desta actuación ascende a 295.580 euros, IVE incluído, e o prazo de execución establécese en oito meses. As empresas interesadas dispoñen ata o 1 de abril por medio do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.