Efectuarase a mellora do firme nos camiños de Olveira de Arriba e Carolo

10 Marzo 2020

O Concello de Ribeira vén de comunicar que mellorará o firme dos camiños de Olveira de Arriba e Carolo ao amparo dunha subvención da Xunta outorgada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). De feito, hoxe mesmo os servizos técnicos do municipio encargáronse de tramitar a súa obtención.

Esta dobre actuación ten un orzamento total de 43.038 euros e o seu prazo de execución ascende a un mes. A axuda asignada ao municipio ribeirense por parte de AGADER pode alcanzar ata un máximo de 32.087 euros, dependendo a cifra final das baixas que se dean no proceso de licitación.

No que respecta ao camiño de Olveira de Arriba, desde o Concello manifestan que rexistra un firme de rodadura en zahorra con sobreanchos en ambos lados formados por terra e cubertos de vexetación herbácea. Situado na parroquia de Olveira e con 445 metros de lonxitude, conforme ao proxecto elaborado preténdese desbrozar e limpar toda esa vexetación que cubre os sobreanchos, nivelar o camiño e abrir cunetas, aplicar por zonas unha capa de zahorra artificial para acabar de regular o firme da vía e estender unha capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor, incluíndo o compactado e o rego de adherencia.

En canto ao camiño de Carolo, trasladan que rexistra un firme de aglomerado asfáltico actualmente en mal estado, con sobreanchos a ambos lados cubertos igualmente de vexetación asfáltica. Situado na parroquia de Palmeira e con 500 metros de longo, procederase a desbrozar e limpar a devandita vexetación e estender unha capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor nun labor que comprende o seu compactado e o rego de adherencia.

A liña de axudas en que se enmarca esta subvención é a resolución de 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.