Confirmada a presenza de Monolius Dop e Miguel Costas no vindeiro Rock & Dorna

31 Marzo 2020

Malia a pandemia e as obrigadas restricións para “capear o temporal” da mellor maneira posíbel, na nosa casa e agardando a que pase a ghalerna, as nosas entidades socio-culturais seguen adiante co seu importante labor, botando man das posibilidades que ofrecen as redes, argallando propostas para que cando todo iso remate boa parte do seu traballo de celebración cultural xa estea feito. É o caso da Real e Ilustre Cofradía da Dorna, impulsora da festa do mesmo nome, cuxa xunta directiva anunciou que está preparando (á conveniente distansia) as súas festividades. Neste intre, dende a ponte de mando debidamente acondisionada, xa confirmaron as actuacións de Monolius Dop e Miguel Costas (membro co-fundador de Siniestro Total) ao abeiro do Festival Rock & Dorna.

A confraría lembra que a primeira banda é un grupo de Noia que se está converter en “imprescindible nos carteis de todos os festivais galegos”. O segundo é “un músico sobradamente coñecido en Galicia e no ámbito estatal”, despois do seu paso por Siniestro Total e Aerolineas Federales.

Como dixemos, estas actuasións forman parte do Festival Rock & Dorna, evento que este ano chega á súa 28 sinjladura e que conta coa financiamento do Concello e da Deputación Provincial da Coruña. Celebrarase o día 23 de xullo.

Ánimo á comunidade dorneira e a todo o mundo

Amais de anunciar estas importantes novidades respecto do cartel deste ano, a directiva da confraría aproveitou para enviar “unha mensaxe de ánimo a todas as dorneiras e dorneiros”, así como a toda a poboación de Ribeira e da comarca, “esperando que o Estado de Alarma non se alongue ata o verán” e poder, todas e todos, “desfrutar dunhas festividades que animen á súa xente e contribúan a axudar á hostalería e comercio local despois desta situación excepcional”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.