Catro persoas da Barbanza incorpóranse á candidatura do BNG ao Parlamento galego pola Coruña

06 Marzo 2020
Cedida por BNG Barbanza

O Bloque Nacionalista Galego da Barbanza presentou na tarde deste venres a súa candidatura para as eleccións autonómicas do 5 de abril. A comarca está representada na circunscrición da Coruña a través de Rosana Pérez (número 4), Elvira Branco (número 13), Xosé Deira (número 22) e Cristina Andrade (número 1 nos suplentes).

Rosana Pérez indicou que na comarca “tamén se sente que o goberno do Partido Popular é un goberno esgotado, absolutamente incapaz e sen ideas” e destacou que “aquí na Barbanza, como no resto do País, temos unha serie de problemas que veñen de vello e que a Xunta de Galiza non termou resolver: un hospital comarcal que ten unhas listaxes de agarda interminables, un gravísimo problema de depuración de augas como no caso de Boiro, non hai residencias públicas para os nosos maiores, falta de escolas infantís…”

Respecto á representación do BNG no Congreso dos Deputados, a candidata sinalou que “demostrouse, e así nolo fixeron saber, que quen realmente ten un compromiso co País somo as persoas do Bloque Nacionalista Galego.” Así mesmo, fixo un chamamento para que a veciñanza aposte pola candidatura liderada por Ana Pontón.

Mentres tanto, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, puxo en valor o traballo das candidatas e candidatos da comarca, subliñando que “estamos seguros de que nunha candidatura potente como é a do BNG está a garantía de que moitos dos problemas que afectan á nosa comarca estarán ben representados no Parlamento galego.”

Pola súa parte, a candidata Elvira Branco salientou o carácter asembleario na elaboración das listaxes, para as cales se recolleron propostas de toda Galicia. Ademais, fixo fincapé en que a candidatura “combina experiencia e renovación, e representa unha aposta radical pola igualdade, cunha destacadísima presenza de mulleres e cunha forte aposta pola mocidade de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG.” Neste senso, engadiu que conxuga persoas representativas de diferentes colectivos e de diferentes loitas sociais, “mais cun denominador común, o compromiso por traballar para mellorar as condicións de vida das galegas e dos galegos.”

Outros artigos

“No punto de mira”. Luís Celeiro

Entre eles mordíanse en silencio e mancábanse canto podían, como se fosen inimigos que seodiaban, dentro da mesma casta, pero querían aparentar o contrario, como se fosen amigosda alma ou irmáns, como se navegaran na mesma barca e o caladoiro fose só deles ou, entodo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.