AMBAR suspende os servizos de atención diúrna

16 Marzo 2020

A Asociación AMBAR, a entidade de inclusión social con sedes en Ribeira e A Pobra, vén de comunicar que, como medida para contribuír a frear o espallamento do COVID-10 na comarca e seguindo as actuacións descritas no protocolo conxunto da Consellería de Política Social e da Consellería de Sanidade para os centros de servizos sociais como consecuencia da situación e evolución do coronavirus, suspenderá a actividade nos servizos de atención diúrna durante un período inicial de 14 días, dende este luns até o 30 de marzo.

Segundo explica a asociación nun comunicado, “trátase dunha medida sen precedentes pero necesaria dadas as circunstancias actuais, por responsabilidade social ante as persoas socias e a sociedade en xeral”. Para calquera dúbida e entidade lembra a dispoñibilidade da conta de correo electrónico correo@asociacionambar.org.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.