A Cofradía da Dorna cancela as actividades da súa Escola de Vela

13 Marzo 2020

A raíz dos problemas derivados pola pandemia de COVID-19 e como medida preventiva para non acelerar o proceso de espallamento, a Real e Ilustre Cofradía da Dorna sumouse á longa listaxe de entidades que están a suspender as súas actividades colectivas para estes días e, de feito, anunciou que apraza para cando “o mar veña máis calmo” as saídas nas dornas que forman parte do patrimonio da confraría e que están a disposición das socias e socios.

As actividades formativas e de lecer da Escola de Vela dorneira quedan deste xeito canceladas até novo aviso, segundo fai saber o presidente da entidade ribeirense “dende a ponte de mando e con xabón nas mans” e desexándonos a todas e todos, tendo o conta o que se nos vén enriba, “unha corentena o menos mala posible”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.