Oito ofertas para pavimentar dous camiños en Oleiros, Ribeira

10 Febreiro 2020

O proxecto para pavimentar os camiños de Sancortes e do Cemiterio de Oleiros, na parroquia ribeirense de Oleiros, veñen de recibir un total de oito ofertas. Así o deu a coñecer este luns 10 de febreiro o Concello de Ribeira, engadindo que os dous vieiros que serán obxecto de traballo teñen un firme de aglomerado asfáltico “bastante deteriorado nalgúns tramos”, polo que se considerou a conveniencia de executar esta obra coa fin de mellorar os seus firmes cunha nova pavimentación.

Así, no que se refire ao camiño de Sancortes, aplicarase unha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros na calzada (980 metros cadrados), previa limpeza das marxes, acondicionamento da superficie e extensión de xabre (zahorra) artificial nos sobre-anchos.

Polo que respecta ao camiño do cemiterio, a mestura de bituminosa en quente a aplicar é de seis centímetros de espesor nunha superficie de 2.147 metros cadrados. Ao igual que no outro vieiro, con antelación limparanse as marxes, adecuarase a superficie e botarase xabre artificial nos sobre-anchos.

O importe desta actuación ascende a 46.587,89 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018. O prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.