Obras en Pérez Galdos e Escorial en Ribeira

04 Febreiro 2020

Iniciaronse as obras de pavimentación e renovación de servizos das rúas Pérez Galdós e Escorial, as dúas situadas no casco urbano de Santa Uxía xunto á praza consistorial. Os labores empezaron na primeira das rúas coa fin de solucionar as eivas existentes tanto no pavimento actual (con danos importantes como disgregacións e socavóns no seu firme) como nas instalacións urbanas (con tubaxes en canto a saneamento e pluviais en malestado).

O proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais prevé o saneamento coa colocación dun colector de PVC de 315 milímetros de diámetro e lonxitude de 185 metros, con pozos de rexistro cada 35 ou 40 metros e conexión cos colectores existentes. Renovaranse as acometidas ás vivendas.Tamén actuaraes sobre a recollida de pluviais coa disposición polo centro das rúas de colectores de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e 189 metros de longo e pozos de rexistro. Instalaranse sumidoiros cada 20 metros aproximadamente e pozos de rexistro nos cruces dos colectores. Efectuaranse acometidas de pluviais ás vivendas. Empregarase pavimento de formigón pulido intercalado con lousas de granito.

A actuación comporta un investimento de 85.965 euros, IVE incluído, e o seu prazo de execución son catro meses. Como consecuencia o acceso a garaxes farase a través da rúa Escorial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.