O PSdG de Ribeira pide mellorar o pavimento e soterrar o transformador do García Bayón

13 Febreiro 2020

O PSdG de Ribeira, da man do seu voceiro José Vilas, presentou un escrito para ser tratado en pleno acerca do remodelado Parque García Bayón, que, malia os traballos levados a cabo para renovar o espazo de lecer infantil, ten unha serie de deficiencias que cómpre solucionar, explican os socialistas, poñendo o foco “nas eivas do pavimento”, cuxas plaquetas de gres están danadas nalgunhas zonas, o que pode carrexar problemas de accesibilidade e mesmo risco de caídas para os máis pequenos e para a xente de idade.

Segundo indica a agrupación, tamén segue pendente de resolución o requirimento feito en datas previas polo grupo municipal para “soterrar o transformador da empresa de subministro eléctrico”.

En base a todo a isto os socialistas instan ao Concello a habilitar unha partida orzamentaria para emendar as ditas deficiencias e mellorar o acondicionamento do parque, iniciando “os trámites oportunos coa empresa eléctrica para acadar o soterramento do dito transformador e que non signifique unha barreira arquitectónica na cidade”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...