O PBBI propón realizar un Entroido de Verán en colaboración coa hostalaría e o comercio local

18 Febreiro 2020

O Partido Barbanza Independente (PBBI) vén de presentar, para ser tratada en pleno, unha moción relativa ao programa local de actividades estivais que xorde, en palabras da agrupación, do seu firme compromiso co impulso da hostalaría e o comercio de proximidade de Ribeira. Segundo indica o grupo que lidera Vicente Mariño, o obxectivo da proposta é mellorar na medida do posíbel as oportunidades que ofrece o verán para os ditos sectores no concello, un potencial que “non se está a aproveitar como de debera”, sinala o PBBI, por mor de varios “factores clave”, como son “a competitividade exercida por festas próximas no tempo ou a falta de elementos que sexan quen de atraer máis visitantes á cidade”.

O obxectivo da moción é reverter esta situación, “facendo actividades referentes no noso territorio coa finalidade de que máis xente da redonda veña coñecer o concello, promovendo a nosa hostalería e o noso pequeno comercio e así como dar motivos para visitar os nosos recursos naturais”. Por este motivo, agrupación propón o desenvolvemento dun “Carnaval de Verán” os días 10, 11 e 12 de xullo, coa colaboración do Concello de Ribeira como “ente canalizador e promotor da actividade dotándoa dos recursos necesarios”. A iniciativa, ademais, asentaríase nunha estreita cooperación do Executivo local coas asociacións locais e co pequeno comercio, “dándolle á iniciativa un maior percorrido e un meirande calado na sociedade”.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.