Convocadas as axudas para mellora e conservación da Rede Natura 2000

14 Febreiro 2020

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde pola que se convocan as axudas para a execución de actuacións de mellora e conservación nos espazos incluídos na Rede Natura 2000, por un importe de 2,4 millóns de
euros. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca estas subvencións para as que, tal e como recolle na orde, se establecen dúas anualidades para os anos 2020 e 2021.
O obxectivo desta liña de subvencións é conservar e revalorizar o patrimonio natural de Galicia, promover a xestión sustentable dos recursos naturais; ao tempo que se mellora a calidade de vida da poboación rural fomentando a prestación de servizos básicos que axuden á fixación da poboación no medio rural, a creación de emprego e a redución do risco
de pobreza.
Os beneficiarios son as persoas titulares de terreos agrícolas e forestais privados, os concellos incluídos na Rede Natura 2000 e asociacións medioambientais e de custodia do territorio. Só se admitirá unha solicitude por solicitante, que se poderá presentar no prazo dun mes a contabilizar desde mañá.
Así poderán ser obxecto destas subvencións, as actuacións dirixidas a mellorar a paisaxe agraria ou actuacións de desenvolvemento dos usos recreativos, como a creación ou mellora de cercas, sebes, vexetación de lindes e bordos non cultivados nas parcelas agrícolas, restauración de muros de cachotaría, adecuación de carreiros rurais, así como a
creación de rutas e áreas recreativas co correspondente equipamento de información e interpretación.
Tamén se poderán beneficiar destes incentivos as actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos patrimoniais e culturais, como a rehabilitación de hórreos, miradoiros, cabanas ou fontes; así como as accións dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas, como a creación de cercados naqueles casos non que sexa recomendable a
limitación de acceso a persoas, a restauración de humidais, a preservación da vexetación de ribeira e filtros verdes ou a eliminación de especies exóticas invasoras.

Rede Natura 2000

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.