Chega a Boiro a mostra que reflicte as pegadas da ruta xacobea entre Corrubedo e Santiago

04 Febreiro 2020

Este xoves 6 de febreiro recala en Boiro a mostra itinerante As Pegadas do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe, impulsada pola asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e comisariada por Antonio Gongález Millán, membro da entidade. A apertura oficial da exposición celebrarase ás 20.00 horas na Casa da Cultura Ramón Martínez López, onde se poderá visitar ata o 26 de xaneiro.

Segundo lembra o Concello de Boiro, a exhibición reflicte, por medio das fotografías tomadas por Adolfo Enríquez Calo, as evidencias históricas da ruta xacobea entre Corrubedo e Santiago de Compostela.

Nun plano máis concreto, a exposición plasma en imaxes a recuperación do camiño terrestre que vai desde Ribeira a Santiago, “un traballo de varios anos para poñer en valor as pegadas da tradición xacobea no Barbanza”, en palabras da devandita asociación.

A exposición itinerante que agora chega a Boiro inaugurouse en Ribeira, estivo na A Pobra do Caramiñal e pasará tamén polas localidades de Rianxo, Dodro e Padrón. Está enmarcada no programa O Teu Xacobeo, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Na inauguración deste xoves intervirán o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o presidente da asociación, Manuel Mariño Nin e o comisario da mostra, Antonio González Millán.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.