A Xunta salienta o labor da asociación Asmecruz na busca constante dun produto de calidade

26 Febreiro 2020

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe a Asociación de Mexilloneiros de Cabo de Cruz (Asmecruz), onde mantivo un encontro cos seus representantes para coñecer as necesidades da entidade e dos seus socios, así como aclarar posibles dúbidas relacionadas coa súa actividade. A titular de Mar, que estivo acompañada durante o encontro pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, enxalzou o traballo desta organización de bateeiros, que conta con máis dun cento de socios, en favor dunha xestión eficiente dos recursos e na busca constante dun produto de extraordinaria calidade.

A representante do Executivo galego explicou que Asmecruz é unha asociación do sector mexilloneiro que aposta tanto polo mercado interior coma pola exportación e que por iso mantén unha estratexia na que é fundamental a apertura continua a novos mercados. Un obxectivo no que é imprescindible contar cun produto de calidade, algo que a asociación logra grazas ao control do molusco desde a súa extracción ata a entrega ao comprador. Isto é posible porque conta con instalacións depuradoras propias e tamén cun instituto de microbioloxía aplicada que permite dar tódalas garantías sanitarias aos seus clientes.

Neste senso, e coa finalidade de que esta actividade poida seguir medrando, a conselleira do Mar lembrou a importancia da colaboración entre o sector e a Administración. Así, incidiu na relevancia de contar con infraestruturas axeitadas, que faciliten o traballo diario dos profesionais do sector, e de buscar solucións de xeito inmediato a aqueles problemas que poden afectar ao desenvolvemento da súa actividade.

Precisamente, a representante da Xunta destacou a senda de crecemento rexistrada polo sector nos últimos anos, o que lle permitiu comercializar en 2018 máis de 236.000 toneladas de mexillón e facturar máis de 128 millóns de euros. Un crecemento que, segundo explicou, contribuíu a impulsar ao conxunto do complexo mar-industria de Galicia.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.