A intervención ribeirense en Iñeiras, Lorenzo Mariño e Abesadas recibe 22 ofertas

05 Febreiro 2020
O tramo de Iñeiras onde se vai intervir

O Concello de Ribeira vén de facer balance das ofertas presentadas polas empresas para mellorar o tránsito peonil en Iñeiras (na parroquia de Olveira), na rúa Francisco Abesadas, en Aguiño, e nas Abesadas, no propio núcleo de Santa Uxía. O Executivo sinala que foron contabilizadas finalmente 22 ofertas para concorrer ás obras desta tripla intervención, dirixidas todas a mellorar a seguridade dos viandantes e, tamén, dos automóbiles, nos devanditos emprazamentos do termo municipal.

O Concello lembra que en Iñeiras, a zona na que se vai realizar a intervención consta dunhas beiras feitas en xabre (zahorra) compactada que van ser demolidas e substituídas por outras a base de formigón pulido, intercalado con franxas de lastros do mesmo material. Terán unha lonxitude de 500 metros.

O treito a mellorar da rúa Francisco Lorenzo Mariño

Polo que respecta á rúa Francisco Lorenzo Mariño, o Executivo ribeirense recorda que o tramo en cuestión está formado actualmente por soleiras de formigón que serán demolidas e no seu lugar colocarase un tramo de beirarrúa de baldosa hidráulica ao longo de 37 metros.

Por último, no que se refire a Abesadas, a área na que se vai actuar, emprazada a carón da rotonda da Poutada, é un pavimento de terra. Así, informa o Concello, “ao igual que no punto sinalado no parágrafo anterior e co fin de afianzar a seguridade viaria estenderase un tramo de beirarrúa con baldosa hidráulica nunha lonxitude de 60 metros”.

O importe da tripla actuación ascende a 68.475,09 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018. O prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.