A guía Rianxo cociña o mar, dispoñíbel en PDF para a súa libre descarga

28 Febreiro 2020

O sector hostaleiro de Rianxo e o Concello seguen a xuntar forzas en materia de promoción turística e gastronómica. E fano achegando aos internautas a súa guía de receitas da gastronomía local, unha exhaustiva escolma culinaria que recolle algunhas das mellores e máis auténticas maneiras de preparar os produtos que chegan ao porto rianxeiro, cuxa primeira edición data de outubro de 2016.

A guía Rianxo cociña o mar é unha publicación de case un centenar de páxinas feita coas destacadas contribucións dos hostaleiros do concello que tamén achega unha xanela de renovación, acubillando un feixe de creacións que dan unha viraxe á tradición e que, en palabras do Concello, “teñen a capacidade de reinterpretar a elaboración dos produtos locais”.

A guía de receitas está xa dispoñíbel na Rede, en formato PDF, para quen queira descargala. Inclúe receitas tradicionais dos hostaleiros e, a partir da páxina 34, receitas dos cociñeiros profesionais. Complétase, como dixemos, cun capítulo adicado á innovación culinaria (a partir da páxina 48), coa guía de locais participantes, coas biografías dos cociñeiros participantes e cun capítulo adicado aos recunchos do mar rianxeiro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.