125.000 EUROS en axudas a entidades de pesca para actividades divulgativas e de vixilancia

14 Febreiro 2020

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou hoxe dia 14 de febreiro no DOG a convocatoria dunha Orde de axudas dirixida a
entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola, dotada para este ano con 125.000 euros. Poderán acollerse a estas subvencións a partir de mañá e ata o 30 de marzo aquelas persoas xurídicas que teñan o nomeamento de entidades colaboradoras de pesca en vigor no momento de facer a solicitude e no do pago da mesma.
En base a estas axudas os beneficiarios poderán desenvolver, por unha banda, accións de vixilancia de tramos de pesca fluvial e pola outra, actividades divulgativas ou formativas encamiñadas a potenciar e difundir a protección da fauna ictícola e do medio natural, como medida de fomento da actividade pesqueira.
Deste xeito, as accións subvencionables en materia de vixilancia fluvial comprenden aquelas realizadas sobre tramos acoutados e conveniados coas entidades de pesca beneficiarias.
Este labor de control deberá exercerse mediante contratos en vigor a partir do 1 de xaneiro e ata o 30 de setembro deste ano, e sempre por parte de vixilantes xurados de pesca fluvial.
En canto ás actividades de carácter divulgativo, inclúense xornadas formativas, charlas ou talleres que poderán incorporar a elaboración de material gráfico e a adquisición de equipamento de apoio para a realización das mesmas. Ademais, serán subvencionables os gastos directamente relacionados co fomento da pesca sen morte, o impulso do emprego
das técnicas de pesca menos lesivas e a promoción, divulgación e fomento dos valores deportivos e medioambientais asociados a esta práctica, como o coidado e o respecto pola natureza, especialmente cando vaian dirixidas ao público máis novo.
Garantir o relevo xeracional A través desta liña de subvencións, que non se convocaban en Galicia desde o ano 2015, a Xunta pretende apoiar e reforzar a vixilancia nos nosos ríos e tamén contribuír á divulgación
dunha pesca fluvial máis sustentable, especialmente entre os cativos e os mozos para garantir o necesario relevo xeracional para este sector.
O crédito total dispoñible para a convocatoria deste ano ascende a 125.000 euros, distribuídos nunha partida de 110.000 euros para a subliña dedicada a subvencionar actuacións de vixilancia fluvial, e noutra de 15.000 euros para a destinada a actividades divulgativas ou formativas.
A axuda poderá alcanzar o 100% dos gastos subvencionables, aínda que cos seguintes importes máximos por entidade beneficiaria: 8.640 euros no caso de que a actividades divulgativas e ou formativas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.