SumaRibeira propón exencións e reducións para as taxas de saneamento e depuración

21 Xaneiro 2020
Xurxo Ferrón, de SumaRibeira

SumaRibeira, a agrupación político-cidadá que coordina Xurxo Ferrón, vén de presentar unha serie de alegacións ás taxas de saneamento e depuración e aos procedementos acordados no pleno do 30 de decembro de Ribeira para delegar na Xunta a súa xestión e cobro (en referencia ás estacións de Couso e Corrubedo). As tres alegacións presentadas son, en palabras da agrupación, unha apertura de diálogo para avaliar “os cálculos das repercusións económicas que fagan as técnicas e os técnicos municipais acerca do que sería o novo regulamento local de servizos de saneamento”. Entre outras cousas, o grupo pide que se estipulen exencións e reducións de cota para determinados colectivos sociais.

Na primeira alegación SumaRibeira solicita a modificación do proceso para dar forma á regulación, “xa que se basea en supostos que non son reais, está calculada en base á cifra de 1.454.688,81 euros ao ano, IVE incluído, e dado que hai unha parte da infraestrutura que vai facturar a Xunta e non sabemos o seu importe, non podemos aprobar unha taxa definitiva sen saber o custe exacto da mesma para o Concello”.

Na segunda, SumaRibeira propón que o artigo 5.6 da ordenanza que sería modificada recolla os seguintes supostos de exencións ou reducións de cota: persoas beneficiarias da RISGA (cen por cen de exención), persoas perceptoras de pensións non contributivas (cen por cen de exención), unidades familiares de cando menos dous membros que teñan ingresos iguais ou inferiores a 2,5 veces o IPREM (50% de exención), familias numerosas cuxos ingresos non superen o dobre do salario mínimo interprofesional (75% exención) e unidades familiares unipersoais cuxa renda non supere 1,5 veces o IPREM (50% de exención).

No terceiro dos puntos, a agrupación que dirixe Xurxo Ferrón propón que “se teña en conta a necesidade de modificar o actual criterio de taxa única cun consumo mínimo de 90 metros cúbicos trimestrais, facendo unha diferenciación relacionada, cando menos, co consumo de auga”. SumaRibeira entende que “este neste punto a decisión sobre a fixación de tramos e taxas concretas debe levarse a cabo previa realización de cálculos estimativos polas técnicas municipais”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.