Seguen as axudas do bono eléctrico para os fogares con problemas

27 Xaneiro 2020

Evitar os cortes de subministración nos fogares con máis dificultades é o obxecto das axudas que están abertas para os fogares que teñen mais problemas. O prazo de solicitude para este ano xa está dispoñible trala publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). A Xunta destina 1,3 millóns de euros á nova convocatoria de 2020, orzamento idéntico ao do ano pasado e que será ampliado no caso de ser necesario.
Os apoios están dirixidos a consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social co obxectivo de asegurar a este colectivo o acceso
continuado á subministración de enerxía eléctrica en Galicia.

Para acceder a estas axudas, os solicitantes deben ser persoas residentes en Galicia e titulares dun servizo de subministración eléctrica que teñan contratada a tarifa de último recurso e sexan consumidores vulnerables severos (por tanto beneficiarios do bono social estatal cun 40% de desconto) e estean en risco de exclusión social, termo que deberá ser acreditado
mediante informe expedido polos servizos sociais.
Os apoios, que se outorgarán por concorrencia non competitiva a todos cantos cumpran os requisitos, serán dun 50% da factura eléctrica correspondente á vivenda habitual do solicitante e terán unha contía máxima anual de 300 ou 450 euros -no caso de familias numerosas-. Esta cantidade, unida ás axudas estatais, permitirá que as familias con máis
dificultades non teñan que pagar pola súa factura eléctrica, garantindo, deste xeito, o acceso continuado á subministración nos fogares máis vulnerables e dando resposta a unha necesidade básica dos cidadáns, pois non se lles poderá cortar o servizo mentres sexan beneficiarios desta axuda.
A presentación de solicitudes será preferentemente telemática e para dar axilidade ao procedemento, establécese un prazo máximo dun mes desde a presentación da solicitude ata a súa resolución, polo que unha vez que se comprobe que se cumpren os requisitos, realizarase o pago por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria directamente aos comercializadores de referencia cos que se renovou o protocolo de colaboración para todo este ano 2020 -Iberdrola, EDP, Endesa, CHC, Viesgo e Gas&Power-. Este pago realizarase de xeito mensual, segundo se vaian remitindo as facturas. A través desta orde de axudas en 2019 aprobáronse máis de 3900 apoios -o 17% a familias numerosas- por un importe de 1,27M€.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...