Rianxo encara un xaneiro ateigado de homenaxes a Castelao

17 Xaneiro 2020

Este ano 2020 que vén de comezar conmemórase o 70 cabodano do falecemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o célebre escritor, debuxante, intelectual e político rianxeiro que, coas súas contribucións artísticas, ideolóxicas e solidarias, exemplificou e simbolizou as arelas de xustiza, progreso e identidade máis comúns e estendidas de todas as galegas e galegos. Para celebrar este aniversario e seguir lembrándolle ao mundo a vixencia do seu discurso e do seu legado, o Concello de Rianxo organizou un completo programa de actividades: os Actos Castelao 2020 en homenaxe ao ilustre rianxeiro.

As propostas comezaron o 20 de decembro coa apertura da exposición Sempre en Galiza: homenaxe de artistas galegos, que estará habilitada no Auditorio até o 1 de febreiro. Trátase dunha escolma de obras destacadas cedidas polo Museo do Gravado e Estampa Dixital de Artes, en Ribeira. A colectiva é un conxunto de salientábeis contribucións pasadas e presentes ás homenaxes a Castelao, da autoría de grandes artistas contemporáneos da nosa terra, todas e todos con recoñecidas e influentes traxectorias de prestixio: Antonio Murado, Berta Cáccamo, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xosé Freixanes, Correa Corredoira, Manuel Moldes, Vidal Souto, Quintana Martelo, Alfonso Costa, Manuel Facal, Silverio Rivas, Alberto Datas, Felipe Criado. Virxilio e Leopoldo Nóvoa.

De maneira paralela, o venres 24 de xaneiro recalará na Biblioteca pública, ás 20.30 horas, unha cita artística que, baixo o título A+A, integra a presentación dun audio-caderno e unha performance da man de Ricardo de Barreiro. Os interesados en asistir deberán inscribirse a través do enderezo electrónico biblioteca@concelloderianxo.gal.

Ao día seguinte, sábado 25, a Sala Arcos Moldes do Auditorio será escenario, ás 20.00 horas, da estrea da curtametraxe O Castelo da Lúa, de Vou Films. O evento incluirá mesa redonda a cargo do director e guionista Lois Basallo, as historiadoras da arte Adriana Rego e Vanesa Mariño, sumándose a participación especial dos actores Sergio Pazos e Miguel Pernas. Así mesmo, proxectaranse outras dúas curtas da referida produtora: As lavandeiras e As costureiras.

Máis tarde, o venres 31, a Sala Arcos Moldes do Auditorio volverá converterse no lugar escolleito para o desenvolvemento dunha nova actividade. Nesta ocasión, presentarase o número 151 de A Voz de Barbantia e a novela Escribirme, de Héctor Pose Porto e editada por Toxosoutos. Comezará ás 20.30 horas e contará coa intervención artística do pintor e gravador Manuel Ayaso. A apertura e o peche musical correrá a cargo do cuarteto de frautas Leliñas, da EMR.

Iniciando o mes de febreiro, o sábado 1, os actos concentraranse en varios emprazamentos. En primeiro lugar, ás 12.00 horas, o busto de Castelao e as rúas de Rianxo vivirán a ofrenda floral, intervención das autoridades e saída dun roteiro. Xa pola tarde, ás 20.00 horas, o salón de actos do Auditorio acollerá a presentación do libro Desvelando a Ademar Escambia, editado por Toxosoutos e co que José Carou Rey gañou a décimo oitava edición do certame literario Antón Avilés de Taramancos. Tamén asistirán o escritor Agustín Agra; Clodio González Pérez, de Editorial Toxosoutos; e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.