Rianxo inaugura este venres unha destacada mostra colectiva de homenaxe a Castelao

18 Decembro 2019

Este venres 20 de decembro a sala de exposición do Auditorio de Rianxo vai acoller a inauguración dunha mostra que toca moi preto á historia e á cultura da vila, por ser unha proposta que conmemora a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e que abre o programa de celebracións do autor e político rianxeiro no ano que está a piques de comezar. Trátase da exposición de gravados Sempre en Galiza: homenaxe de artistas galegos Actos Castelao 2020.

O acto de apertura está previsto para as 19.00 horas e xa confirmaron a súa presenza o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, o alcalde de Ribeira e presidente da Fundación Museo de Artes, Manuel Ruíz, o vicepresidente desta entidade artística e cultural, Javier Expósito, e o director da mesma, Xoán Pastor Rodríguez, que é, tamén, o comisario da mostra. Esta poderá visitarse dende o 20 de decembro ao 2 de febreiro na dita sala do Auditorio de Rianxo.

A colectiva é un conxunto de salientábeis contribucións pasadas e presentes ás homenaxes a Castelao, da autoría de grandes artistas contemporáneos da nosa terra, todas e todos con recoñecidas e influentes traxectorias de prestixio: Antonio Murado, Berta Cáccamo, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xosé Freixanes, Correa Corredoira, Manuel Moldes, Vidal Souto, Quintana Martelo, Alfonso Costa, Manuel Facal, Silverio Rivas, Alberto Datas, Felipe Criado. Virxilio e Leopoldo Nóvoa.

Outros artigos

A sexta edición da Carreira 5K El Canario desenvolverase no 28 de xuño

Ribeira correrá coa sexta edición da Carreira 5K El Canario, homenaxe a José Nespereira, que promove esta escola de boxeo coa colaboración do Concello. Esta cita deportiva será domingo, 28 de xuño, a partir das 10.00 horas, coa praza do Concello como punto de partida...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

Os montes quéimanse por falta de compromiso das diferentes Administracións Públicas. A comezos de cada verán repítese a mesma película, lume e destrución da contorna natural por falta de prevención. A Xunta de Galicia, así como cada un dos Concellos e Mancomunidades...

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...