Presentados os resultados das auditorías externas da EDAR aos grupos municipais e veciñanza afectada

22 Xaneiro 2020

Tal e como estaba previsto, o salón de plenos do Consistorio ribeirense albergou esta mañá unha reunión para presentar os resultados das auditorías externas da EDAR a grupos municipais e veciñanza afectada.

O alcalde Manuel Ruiz expuxo que a auditoría do Concello se atopa “moi avanzada”, quedando algunhas cuestións por ultimar, pero que non impiden ter xa unha conclusión por parte dos técnicos que a efectuaron. No que respecta á auditoría da Xunta, detectáronse unha serie de incidencias relacionadas basicamente co mantemento, as cales teñen que estar solucionadas antes do 31 de xaneiro.

Manuel Quintana, redactor do plan de saneamento local, sinalou que a obra “está cumprindo e funcionando co que se prevía”, puntualizando que os volumes que move a planta e os vertidos que están dando os tanques é o que se agardaba. Tamén apuntou dous problemas que existían: non sabían da auga en Cerqueiras e os problemas de ventilación nos sifóns.

Na súa intervención, Gonzalo Mosqueira, de Augas de Galicia, manifestou que o obxectivo da auditoría encargada pola Xunta radicaba en saber que a infraestrutura funciona, o mantemento que recibiu a mesma e coñecer se hai que levar a cabo intervencións necesarias. Finalmente, a análise arroxou que a obra “está ben e funciona como se prevía.”

O director da explotación que tivo Acuaes durante os dous últimos anos, José Piñeiro, explicou que, en canto á solución da ventilación dos sifóns, “a día de hoxe, coas obras que se realizaron, os problemas resolvéronse.” En relación ao sistema de desinfección que elimina as bacterias do vertido, procedeuse á colocación dun novo equipo. Ao longo dos anos de funcionamento da planta, un laboratorio externo tomou ao redor de 500 mostras e “tódalas analíticas que se fixeron verifican que non se estiveron causando danos ao medio.” Por último, sumouse ao indicado con anterioridade por parte de Manuel Quintana e Gonzalo Mosqueira: “a planta funciona ben e, aproximadamente, como se dicía no proxecto”; ademais de insistir en que os problemas que xurdiron foron solucionados.

Pola súa parte, Antonio Rubido, de Adantia, explicou que a auditoría elaborada por eles amosa unha “serie de incidencias que non supoñen que estea funcionando mal ou que sexa un problema, simplemente, constatamos que ese equipo, nese momento, está nesa situación”, establecendo distintos graos de importancia. Engadiu que “en xeral, a depuradora e as instalacións dos tanques de tormentas estaban en bo estado.”

O representante da auditoría encargada polo Concello, Héctor del Río, expresou que o seu labor consiste principalmente en, unha vez recibida a auditoría de Adantia, ir comprobando que as incidencias se foron solucionando; así como ver que os caudais máximos que pasan por cada unha das infraestruturas corresponden cos caudais máximos de proxecto, resultando uns valores “case idénticos”, é dicir, os caudalímetros “están funcionando de maneira satisfactoria.” En relación aos cheiros, afirmou que “non detectamos nada nestes días, nin a semana pasada, nin o tempo que levamos traballando. Seguiremos facendo mostraxes para comprobar que iso é así.”

O xoves 30 celebrarase un pleno coa finalidade de que a corporación municipal adopte unha decisión definitiva antes da data fixada por Augas de Galicia para a posta en disposición das instalacións.

Outros artigos

O CEP de Carreira acolleu unha xornada sobre o ciclo da auga

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, visitaron este luns 22 de abril o CEP de Carreira no marco dunha xornada de formación sobre o ciclo da auga levada a cabo por Viaqua e encadrada no proxecto Aqualogía. O programa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

La palabra es la mayor intuición de los humanos, y su mayor logro colectivo. Con ellas, con su cúmulo, los racionales nos distinguimos, construimos mundos, los narramos, elaboramos cosmos propios y extraños; adquirimos universos reales y proyectamos otros imaginarios....