Pavimentación de tres camiños en Sirves Ribeira

23 Xaneiro 2020
  • O Concello de Ribeira informa da adxudicación con carácter provisional dunha nova actuación consistente na pavimentación A execución das obras comporta un investimentode 119.972 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan de Obras e Servizos Provincial. O seu prazo de execución son tres meses. O obxectivo que se persegue con este proxecto consiste en mellorar os firmes actuais de tres viais a base dunha nova pavimentación asfáltica en quente de entre cinco e seis centímetros de espesor. Con tal motivo, será preciso acondicionar unha superficie de 7.050,2.115 e 230 metros cadrados, respectivamente. Para isto estenderase un total de 304 toneladas dunha mestura bituminosa en tres camiños situados no lugar de Sirves na parroquia de Olveira. A empresa que obtivo a mellor clasificación resultou ser Nemesio Ordóñez, S.A..
Sirves

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.