O Revolutrion Trail Series 2020 arranca o domingo 26 co Trail da Cidá

18 Xaneiro 2020

O cuarto Trail da Cidá convértese na primeira proba da sexta edición do Revolutrion Trail Series 2020, con saída e chegada da praza do Concello de Ribeira, ás 11.00 horas do domingo 26. Nesta ocasión, renóvase nun 80% o percorrido, ofrecéndolle aos participantes a posibilidade de transitar por paraxes simbólicas do municipio tales coma a Pedra da Rá, o Castro da Cidá ou o Parque Periurbano de San Roque. Así o desvelaron esta mañá a concelleira de Deportes, Juana Brión; e Eduardo Iglesias, en representación de Arousa NeO, entidade que promove este evento deportivo.

A edil Juana Brión expresou o seu agradecemento aos organizadores e animou a que a xente se sume a esta actividade na que poderán “desfrutar das paisaxes novas que ten o recorrido.”

Pola súa banda, Eduardo Iglesias anunciou que o traxecto constará dunha lonxitude de 14 quilómetros, cun desnivel positivo de 629 metros. No quilómetro 2’2 haberá unha meta volante, así como un avituallamento intermedio no quilómetro 8.

Ademais, está programada unha quedada para o domingo 19, ás 10.00 horas, na praza do Concello co obxectivo de dispoñerse a probar o circuíto en grupo.

As inscricións para o Trail da Cidá permanecerán abertas ata a medianoite do mércores 22, cun custe de 10 euros; mentres que a data límite para o Revolutrion Trail Series 2020 establécese ás 09.00 horas do luns 20, a un prezo de 45 euros. En ambos casos poden formalizarse a través das páxinas web www.trailseries.run ou www.arousa.com, agardándose acadar os 400 participantes do pasado ano. Polo de momento, hai 64 persoas anotadas na primeira proba, ás que lle hai que sumar as 93 que o fixeron na totalidade das citas que conforman este evento deportivo, superando a cifra dos 150.

As seguintes citas integradas no referido circuíto son o Trail de San Isidro, o 16 de febreiro na Pobra do Caramiñal; XtoSín Trail, o 15 de marzo en Porto do Son; Trail de San Lois, o 19 de abril en Noia; e Barbanza 42K, o 10 de maio, con saída de Ribeira e traxecto pola serra do Barbanza.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.