O municipio pobrense refórzase en materia de seguridade viaria

28 Xaneiro 2020

A Pobra do Caramiñal vén de adoptar dúas medidas en materia de seguridade viaria: habilitar a praza Maior para o estacionamento de vehículos nos mércores de mercadiño, en horario de 07.00 a 15.00 horas; e a nova adquisición de drogotest. Así o desvelaron este mediodía o alcalde Xosé Lois Piñeiro; o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Andrés Lojo; e o xefe da Policía Local, Antonio Millán.

O edil José Andrés Lojo expuxo que a decisión de permitir o estacionamento na praza Maior nos mércores de mercadiño vén para darlle solución á problemática ocasionada polos vehículos aparcados nas beirarrúas, cebreados e pasos de peóns, constituíndo unha serie de “faltas que se foron dando como costume” e redundando en queixas por parte de veciñanza ao ver obstruído o seu paso, especialmente, no caso de persoas con mobilidade reducida. Así mesmo, sinalou que esta medida supón que “os vehículos poidan aparcar cerca do centro e que haxa menor incomodidade.” No que respecta á nova adquisición de drogotest, considera que “é necesario, xa que desgraciadamente vese un repunte do consumo de drogas”, pretendendo así evitar que as persoas xeren accidentes como consecuencia do consumo de substancias estupefacientes.

Pola súa banda, Antonio Millán explicou o funcionamento dos referidos dispositivos. Primeiramente, o drogotest, unha proba inicial, arroxaría un resultado que chegaría tamén por correo electrónico a través dunha aplicación da que dispoñen os axentes no teléfono móbil. En caso de dar positivo, procederíase cunha segunda proba, a cal se remitiría ao laboratorio da USC, coa cal colaboran nesta campaña. A continuación, a institución confirmaría o resultado concluínte, o cal, de ser positivo, suporía a imposición dunha sanción económica ao condutor de 1.000 euros. O xefe do corpo policial tamén se pronunciou sobre a outra medida, corroborando que recibiron “moitas protestas”, polo que entende que a alternativa presentada “é boa, collen bastantes vehículos, e que, en principio, vai ser suficiente para dar cabida á demanda que hai.” Neste senso, anunciou que se establecerá un período de quince días para informar á cidadanía.

Na súa intervención, o rexedor Xosé Lois Piñeiro manifestou que a medida referente ao control do estacionamento dos vehículos “non ten un afán recadatorio”, senón que ten como obxectivo principal “concienciar”, razón pola cal se instaura o prazo inicial de advertencia, a partir do cal se comezará coas sancións. Ademais, sostén que a alternativa dispón de numerosas prazas e que “debería ser suficiente para que a xente desista de aparcar enriba das beirarrúas”, pois afirmou que esa acción implica “un problema de accesibilidade universal” e provoca un maior deterioro destes espazos peonís. En canto aos drogotest, expuxo que “a seguridade viaria é primordial” e que agora os axentes contan cos medios necesarios para o control da condución baixo os efectos das drogas.

Outros artigos

Valle-Inclán protagonista esta semana en Pamplona

Esta semana Ramón do Valle-Inclán será protagonista en Navarra. Un século despóis dás súas viaxes a esas terras, periplos interesados en documentar sucesos e protagonistas dás guerras carlistas para escribir a súa celebre serie de novelas ('O resplandor da fogueira',...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El día que yo me muera”. Manuel Dominguez

“El día que yo me muera”. Manuel Dominguez

El día que yo me muera me marcharé sin marchar, si tú quieres. Plante ese naranjo, hace años, muchos años, pensando en ti, ahora son tus naranjas, que yo cuide con esmero. El manzano, donde un día yo jugué hoy juegas con tu hijo, mi nieto, recuérdale que un día tu...