O Concello da Pobra convoca unha nova asemblea veciñal polo proxecto de ampliación de Escurís S.L.

06 Maio 2024

A corporación JEALSA formulou unha solicitude de declaración de interese autonómico para o proxecto de ampliación de Escurís SL. para así crear solo industrial na contorna da Baiuca que resolva as súas necesidades empresariais. As concellarías do Urbanismo e do Medio Ambiente convocaron no mes de abril unha asemblea veciñal para informar da repercusión urbanística e medioambiental desta iniciativa.

Agora convócase unha nova reunión, desta vez, para informar á veciñanza do informe emitido polo Concello da Pobra do Caramiñal atendendo á normativa e todas as cuestións técnicas segundo apunta o edil Xosé Lois Piñeiro.

Esta nova xuntanza terá lugar no mércores, 8 de maio, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

No ámbito autonómico, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (DXOTU) emitiron os seus respectivos informes favorables á petición do grupo empresarial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.