O Concello de Rianxo convida á veciñanza a dar conta das áreas de cobertura móbil deficiente

10 Xaneiro 2020

O ano 2020 comezou co compromiso das administracións para pór freo á fenda de comunicacións que separa as vilas e cidades dos núcleos de poboación máis miúdos e illados do noso rural. Estamos a falar do acordo específico asinado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e a Federación Galega de Municipios (FEGAMP), un acordo marcopara permitiraos concellos mellorar as comunicacións móbiles no rural. Desde principios de xaneiro e ata mediados de febreiro os municipios interesados poderán realizar a solicitude de adhesión ao programa autonómico para facilitar o servizo da dita tecnoloxía a través da FEGAMP. Os concellos da nosa comarca, como membros da federación, xa teñen a súa disposición as canles de comunicación habilitadas para dar conta dos núcleos onde non hai cobertura ou esta é deficiente. Neste senso, o Goberno local de Rianxo xa anunciou que fornecerá a AMTEGA de información detallada sobre as parcelas municipais necesarias para a instalación de antenas destinadas a cubrir as eivas nas zonas indicadas, especialmente nos núcleos rurais.

Logo, a axencia autonómica fará as comprobacións oportunas sobre o terreo e determinará con criterios técnicos obxectivos as zonas nas que actuar para iniciar o concurso para as operadoras interesadas.

O Concello, co fin de axilizar as xestións e asegurar a máxima participación, puxo ao dispor da veciñanza unha enquisa para recadar información sobre as zonas con cobertura móbil deficiente.

Requisitos a ter en conta

No acordo asinado por AMTEGA e a FEGAMP faise saber a aqueles concellos que cumpran cos requirimentos (ter deficiencias en comunicacións móbiles, en base ao mapa de cobertura elaborado pola AMTEGA en colaboración co COETG, o Colexio de Enxeñaría de Telecomunicacións de Galicia) integraranse nun proxecto que se desenvolverá a través dunha encomenda ao operador publico RETEGAL para a construción das torres e unha convocatoria publica a operadores en concorrencia competitiva. O seguinte paso será a adxudicación do proxecto, prevista para finais do primeiro semestre do 2020 co obxectivos de completar a construción da totalidade das torres nun prazo de dous anos.

Segundo informaron AMTEGA e a FEGAMP, desta actuación, que conta cun investimento público de 5 millóns de euros, poderán beneficiarse núcleos de ata 118 concellos do ámbito rural “nos que se ten detectado algún problema coa cobertura móbil”, a maior parte deles núcleos con menos de 10 habitantes pero “algúns rexistrando gran circulación de persoas ao tratarse de destinos turísticos ou zonas situadas no Camiño de Santiago”, engadiron.

Outros artigos

As utilidades e riscos da IA centran un curso formativo en Rianxo

O Auditorio de Rianxo acolle do 24 de febreiro ao 11 de marzo un curso formativo sobre intelixencia artificial ao servizo de toda a veciñanza de todas as idades. A actividade formativa desenvolverase de martes a venres, entre as 17:00 e as 20:00 horas. Desenvolverase...

+

O autismo centra unha xornada formativa o día 18 de abril en Rianxo

Rianxo acollerá o 18 de abril o evento FormaTEA 2026, a primeira xornada formativa da Asociación de Trastornos do Espectro Autirsta do Barbanza. O xornada xirará en torno á regulación no autismo e será conducida pola especialista Anabel Cornago. Desenvolverase baixo o...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lo que dicen y lo que realmente hay”.  José Fernández Lago

“Lo que dicen y lo que realmente hay”. José Fernández Lago

Los estamentos de poder proclaman a grandes voces que hemos progresado mucho, que en ningún momento de nuestra historia habíamos llegado tan alto… El caso es que, si vamos a comprar lo que se necesita para nuestra alimentación, aun sin adquirir materiales de lujo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.