O BNG ribeirense culpa a Manuel Ruiz de que a xestión da EDAR recaia na Xunta

10 Xaneiro 2020
Cedida polo BNG de Ribeira

O BNG de Ribeira vén de pronunciarse sobre as declaracións feitas polo alcalde Manuel Ruiz no día de onte en relación coa xestión da EDAR. Os nacionalistas expresan que lles causa sorpresa, xa que, segundo informan, non recibiron petición ningunha para revogar o acordo plenario do 30 de decembro.

O concelleiro Luís Pérez Barral manifestou que o Bloque é “moi crítico coa nefasta actuación que Ruiz está facendo coa depuradora”, engadindo que cre “inaudito” ter coñecemento polos medios de comunicación de que o PP abordará a posibilidade de revogar o referido acordo plenario. En relación a isto, esgrimiu que “o BNG non vai sacarlle as castañas do lume a Ruiz por algo que é culpa súa.”

O edil nacionalista quixo remarcar que a formación á que pertence “sempre tivo un posicionamento moi claro e defendeu a xestión pública municipal da depuradora garantindo un funcionamento correcto en toda a infraestrutura que fose comprobado mediante a realización de dúas auditorías externas.” Tamén puntualizou que os resultados debían ser positivos e presentados publicamente ante a veciñanza e os grupos da corporación municipal. Pérez Barral apuntou que “esta proposta fora aprobada grazas a unha emenda do BNG presentada en agosto e Ruiz, no canto de ter rabechas, debe dar cumprimento dela”, ademais de asegurar que “a mala actuación do goberno local” ocasiona que a xestión vaia pasar a mans da Xunta e que “poida incluír un tarifazo á veciñanza.”

Desde o Bloque lembran que rexistraron alegacións para frear a suba na taxa de saneamento, contemplando reducións xerais para a cidadanía, negocios e bonificacións  a colectivos vulnerables ao considerar que “a mala xestión de PP non pode pagala a veciñanza e negocios cun tarifazo no recibo de 100 euros ao ano a maiores.” Ademais, anuncian que informarán aos seus deputados e deputadas para evitar, no Parlamento de Galicia, que a Xunta repercuta os custes na poboación.

Ao igual que fixera no pleno extraordinario do 30 de decembro, Pérez Barral sostivo que tanto o PP coma membros do PBBI, “sempre se opuxeron ao modelo proposto polo BNG que consistía en facer depuradoras máis pequenas, distribuídas nas valgadas naturais do territorio e unha destinada a residuos industriais.” Un modelo que, tal e como insisten, “implicaría un menor custo de mantemento e bombeos ao non ter que trasladar os residuos durante 13 quilómetros e 7 tanques de tormenta.”

Outros artigos

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

En Ribeira detectado un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres

Corresponden a cinco exemplares de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis), dos cales catro foron recollidos en Xove e o quinto en Ribeira. A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...