Novo número de Código Cero, revista galega de ciencia e tecnoloxía

11 Xaneiro 2020

Como todos os meses desde hai 19 anos, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, o 197, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega facemos un repaso do sector TIC en 2019, constatando o bo momento que estamos a vivir neste ámbito. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A USC presenta nova web e lanza unha aplicación móbil
– A Deputación da Coruña entregou os galardóns ás mellores iniciativas empresariais
– O CPEIG recibe unha distinción da Axencia Española de Protección de Datos
– A Deputación de Lugo retoma as exitosas e concorridas visitas ao SdeA (antiga Fundación TIC)
– Henrique Neira achéganos á aparición dos autómatas, os primeiros robots
– O CITIC da UDC presentou os resultados finais dos proxectos colaborativos 2018-2019
– Chega a gran plataforma que recolle e reivindica a nosa riqueza toponímica
– O Centro Ramón Piñeiro amplía cunha nova versión os termos e utilidades do CORGA
– Entrevistamos á Dhaunae de Vir, responsábel de transmedia en Paradox Interactive
– As mulleres investigadoras e tecnólogas pechan fileiras contra o machismo online
– Comezan os trámites para aprobar o decreto que regulará o Marco de competencias dixitais
– A Xunta achegou 14 novas lonxas a plataforma tecnolóxica única de Primare
– Comezou na Coruña, da man Roger Casas-Alatriste, a nova edición do #LAIC

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.